Varias das súas composicións están publicadas no libro “Gaita 2.1: Músicas do XXI ao xeito tradicional” da editorial Dos Acordes e durante o 2018 realizou o reto de composición diario #composicion365 sobrepasando as 50000 descargas dixitais. Na actualidade desenvolve a súa actividade compositiva para diferentes proxectos musicais de Galicia e Asturias, e próximamente estreará a obra “Vía de Fol”, primeira obra da historia da gaita de fol para a celebración do viacrucis da Semana Santa.

Nos últimos anos tamén exerceu de produtor musical e guitarrista de bandas de indie pop/rock como Habitación Vudú ou Cervan.

Se tivera que definir a miña experiencia no Conservatorio Mayéusis, falaría de educación individual e especializada. Un centro no que desenvolver todo o potencial artístico e profesionalizar unha paixón.

Isidro Vidal é un artista musical multidisciplinar nado en O Carballiño (Galicia/Spain).

Aos 7 anos iníciase no mundo da gaita estudando en diversas escolas de música tradicional onde descubre a súa vocación pola música de raiz.

Fórmase en gaita de fol, percusión tradicional, zanfona, canto, fundamentos de composición e etnomusicoloxía no Conservatorio Mayéusis e no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Recibe formación en percusión clásica e moderna, guitarra, frauta, requinta, whistles e clarinetes nas escolas de música dos concellos do Carballiño e Barbadás, así como na E-Trad (Escola de Música Tradicional de Vigo).

Ademáis estuda luthería de gaita de fol no Obradoiro de Instrumentos Tradicionais e Populares de Ourense, e na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Ten realizado xiras por España, Portugal, Reino Unido, Francia, Alemania, República Checa, Italia e EEUU con diferentes formacións de música moderna e tradicional de Galicia e Asturias, cos que ten realizado máis dunha ducia de gravacións discográficas.

Alumnos Egresados